O xoves 4 de maio, ás 18:30 h, Rita Pesqueira, do equipo técnico da marca pescadeRías, ¿de onde se non? participará na mesa redonda «Produtos e cociña de cercanía» que se celebrará na Feira do Libro de Santiago de Compostela, no Paseo Central da Alameda. No debate participarán tamén Conchi Docampo, de Burbullas de Sol, Kike Piñeiro, do Restaurante A Horta do Obradoiro e Fabián Lorenzo e Rafael Brantuas, do CIFP Compostela. Descarga aquí o programa da Feira do Libro.