As persoas agraciadas no sorteo de outono foron Tania Fernández e Jenifer Suárez Silva. Recibirán un lote de berberechos certificados e desfrutarán dunha visita guiada para dúas persoas aos bancos marisqueiros, á lonxa e á depuradora, de xeito que poidan coñecer todo o proceso que seguen os moluscos bivalvos desde a súa extracción ata o seu consumo. Tamén obterán un kit con produtos promocionais da marca pescadeRías, ¿de onde se non? composto de bolsa da compra, mandil, manopla de cociña, libreta de notas, libro de receitas e bolígrafo. Parabéns!
En breve publicaremos un novo sorteo na nosa páxina de Facebook para celebrar os 10.000 fans que estamos a piques de acadar. Estade atentos/as!!!