No mes de febreiro renovaron a súa certificación Mariscos Comesaña, que estaba certificado para para crustáceos, equinodermos e peixes e ampliou a cefalópodos e antozoos. Tamén se recertificaron a Confraría de Bueu para bivalvos, gasterópodos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes; a Confraría de Aguiño, para bivalvos, crustáceos e equinodermos, e Cultivos Marinos Vilanova, para bivalvos, equinodermos, gasterópodos e crustáceos.