A raíz da certificación de Armadores de Burela-ABSA como usuario para a comercialización de cefalópodos, mantivemos unha reunión cun grupo de minoristas e distribuidores da Mariña Lucense, de cara a estudar a posibilidade de certificarse.
Estamos a disposición de toda empresa de comercialización, distribución ou transformación interesada en coñecer máis en profundidade a marca pescadeRías, así como dos minoristas e restaurantes. Poden solicitar unha reunión no noso correo-e.