Representantes de diferentes ámbitos profesionais de Mar de Plata asistiron os días 20 e 21 de setembro, ás presentacións do obradoiro Saborea Galicia en Mar de Plata, organizadas pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coas Consellerías do Mar e do Medio Rural, para a promoción de produtos do mar e agroalimentarios. O público asistente puido coñecer os produtos certificados de conservas Los Pepetetes e Porto-Muiños nos showcooking dirixidos por Daniel Guzmán, chef do restaurante Nova de Ourense. Aquí podes ver unha selección de fotografías do evento.