As algas ou verduras do mar son fonte importante de nutrientes, vitaminas e proteínas que aportan grandes beneficios para a saúde consumidas en pequenas cantidades. Ademais, na cociña son moi versátiles, debido a súa textura e sabor.
Se aínda non as probaches, este mes facémosche dúas recomendacións: A correa ou espaguete de mar (Himanthalia elongata) sorprende polo seu sabor sutilmente mariño cun toque fresco e a súa textura carnosa e crocante. Por outra banda, a textura suave, carnosa e crocante, apta para facer en tempura do ramallo de mar ou alga percebe (Codium spp.), así como o seu intenso sabor, que recorda ao percebe, será todo un descubrimento.