O alumnado do IGAFA, realizou en Carnota unha solta de 575 exemplares de xuvenís de lumbrigante, duns 6 centímetros de lonxitude, criados neste centro de ensino a partir de proxenitores salvaxes procedentes das rías galegas. Os individuos levan inserida unha marca microscópica cun código gravado que permite a súa localización con detectores especiais, distribuídos nas lonxas da zona. Con esta acción, a Consellería do Mar busca contribuír a mellorar a poboación da especie na Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos así como estudar o seu crecemento e outros aspectos da súa bioloxía. Preme aquí para ver máis información.