A entidade do mes: Cíes Artesanais, S. Coop. Galega

Cíes Artesanais S. Coop. Galega nace en 2006 da fusión de dúas cooperativas da ría de Vigo e conta hoxe con preto de setenta socios e socias. Dende xullo de 2022 está certificada pola marca pescadeRías de onde se non? para peixes, bivalvos, crustáceos e cefalópodos.

Desenvolve a súa actividade no Porto Pesqueiro de Vigo, onde realiza a primeira venda das capturas de embarcacións propias e tamén doutras procedentes da flota de baixura de diferentes portos das Rías Baixas. Dispón de instalacións para descarga e almacenamento na Lonxa de Vigo.

Entidad del mes: Cofradía de Corcubión

La Cofradía de Pescadores Virxen do Carmen de Corcubión está certificada por pescadeRías de onde se non? desde 2014. Actualmente, el alcance de la certificación abarca la comercialización de bivalvos, crustáceos, equinodermos, peces, cefalópodos, algas y antozoos.

En 2024, las principales especies comercializadas por volumen fueron la sardina, el jurel y el pulpo; en términos de valor, la sardina fue la especie principal, seguida del pulpo, con el erizo y el jurel empatados en tercer lugar.

La Cofradía de Corcubión organizó el pasado año las I Jornadas Gastronómicas de exaltación de tres productos de la pesca local: pulpo, muergo y algas.

Entidade do mes: Confraría de Corcubión

A Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Corcubión está certificada polo selo pescadeRías de onde se non? desde 2014. Actualmente o alcance da certificación é a comercialización de bivalvos, crustáceos, equinodermos, peixes, cefalópodos, algas e antozoos.

No 2024 as principais especies comercializadas por volume foron a sardiña, o xurelo e o polbo; por importe, a sardiña foi a principal especie, seguida do polbo, co ourizo e xurelo empatados en terceiro lugar.

A Confraría de Corcubión organizou o pasado ano as I Xornadas Gastronómicas de exaltación de tres produtos da pesca local: polbo, longueirón e algas.

Entidade do mes: Ría de Arosa

A Sociedade Cooperativa Galega Ría de Arosa, ubicada en Abanqueiro (Boiro, A Coruña), foi fundada no ano 1973, e xestiona unha zona de explotación na que os seus socios recolectan o marisco con destino á súa depuradora.

Dende o seu centro de expedición, lonxa, depuradora e cetárea comercializan produtos procedentes da pesca artesanal galega, ademais da canle online que permite a venda ao territorio peninsular en menos de 24 horas. A súa actividade principal está dirixida ao sector da restauración, ao que sirven directamente con furgóns isotermos (comarca Barbanza, Santiago, Caldas e Dubra).

A cooperativa está certificada para a comercialización de bivalvos, crustáceos, equinodermos e gasterópodos desde xullo de 2017.