Resultados do Sorteo de Nadal

As persoas gañadoras do Sorteo de Nadal da marca pescadeRías de onde se non? xa recibiron os seus agasallos. Un exclusivo pack composto por latas de conservas de peixes e mariscos selectos das rías galegas de Real Conservera Española S.L, Conservera Gallega S.A., La Curiosa, Costas y Miñán S.L., Confraría de Pescadores de Cangas e Conservas La Brújula S.L. O pack incluía merchandising da campaña Galicia Sabe Amar e da propia marca pescadeRías de onde se non?, con artigos como mandil, libro de receitas con conservas, bolsa-mochila e outros detalles de utilidade.

As premiadas deste ano foron Dámaris García Simes, participante a través de Instagram, e Teresa Rodríguez Enes, desde Facebook. Moitas grazas a todos e todas por participar e facer parte da nosa comunidade.

Parabéns ás afortunadas!

Sorteo de Nadal pescadeRías de onde se non?

Este mes poremos en marcha unha iniciativa que xa se converteu nunha tradición durante estas datas festivas: o Sorteo de Nadal da marca pescadeRías de onde se non? en Facebook e Instagram.

Nesta edición, sortearemos dous packs exclusivos que inclúen unha selección de conservas artesanais de peixes e mariscos galegos certificados por pescadeRías de onde se non?, xunto cun lote de merchandising especial da campaña Galicia sabe Amar e da marca: unha bolsa-mochila, mandil, libro de receitas, abrebotellas, libreta, bolígrafo e un par de calcetíns con motivos mariños. O período para participar no sorteo abrirá o 10 de decembro de 2024 ás 13:00 horas e rematará o 16 de decembro de 2024 ás 23:59 horas.

Este ano, o Sorteo de Nadal conta coa colaboración de destacadas empresas de transformación galegas, que achegan unha selección das súas conservas certificadas pescadeRías de onde se non?: Conservera Gallega S.A., Costas y Miñán S.L., Fish Factory S.L., Real Conservera Española S.L., Conservas La Brújula e a Confraría de Pescadores de Cangas.

Non perdas esta oportunidade de disfrutar dos mellores sabores do mar galego. Participa e celebra connosco o Nadal!

Síguenos nas redes sociais para estar ao tanto de todos os detalles!