Álvaro Roura, José Irisarri e Gonzalo Mucientes, da Asociación Ecoloxía Azul, presentan o artigo «Estacións de limpeza: unha curiosa simbiose entre o peixe sanmartiño (Zeus faber) e o cangrexo araña (Inachus dorsettensis)»
O sanmartiño é un peixe solitario que habita en augas da plataforma continental, entre os 50 e os 150 metros de profundidade. En ocasións, hai unha serie de copépodos que parasitan a súa pel. En concreto, os copépodos ectoparásitos que se coñecen vulgarmente como piollos de mar. Para eliminalos conta coa axuda do cangrexo araña que se encarga desta tarefa. Esta coreografía de limpeza é un exemplo de simbiose na que ambas especies saen mutuamente beneficiadas.
Podes ler o artigo completo aquí.