A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente na V edición do Galician Cinema & Food Festival que se celebrará no Instituto Cervantes de Nova York e no Cosentino City Manhattan, do 24 ao 27 de xuño.
Ás actividades do programa, que xunta cinema e gastronomía de Galicia, asistirán profesionais da prensa especializada e da industria da distribución. O público asistente poderá degustar conservas certificadas de Conservas de Portomar, Ramón Peña, Los Peperetes e Porto-Muiños.