Conforme se recolle na RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2020 pola que se aproba o Plan de xestión da centola e do boi 2020-2021, ambas especies poderán comezar a ser extraídas a partires do vindeiro 9 de novembro entre a desembocadura do Miño e o Cabo de Estaca de Bares. A veda continúa dende este punto ata o Río Eo ata o 29 de novembro.
En canto aos peches, o 31 de outubro, rematou o período autorizado para a pesca da anguía nas Rías de Vigo, Arousa e Ferrol, conforme se establece nos correspondentes Plans de Xestión para esta especie.