O 10 de xullo, membros da xunta directiva do GALP Golfo Ártabro Norte e socios de 6 confrarías de pescadores, visitaron diferentes entidades certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? do ámbito do GALP Ría de Pontevedra: Frigoríficos Rosa de los Vientos, Mares de Galicia, confraría de pescadores San Martiño de Bueu, marisqueo a pé en Poio e a confraría de pescadores San Roque de Portonovo. O obxectivo da visita foi a recollida de ideas vinculadas ao sector pesqueiro e marisqueiro.