No mes de abril continuamos coas visitas dos centros de hostalaría dentro do programa Do Mar ao Prato.
Os centros IES Vilamarín e a Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias viviron unha xornada de marisqueo en Noia e visitaron a lonxa e a depuradora da Confraría de Pescadores de Noia. O alumnado do IES Sanxillao e do IES de Foz coñeceron o porto e a lonxa de Burela, así como a nave de redeiras. Aquí podes ver un vídeo.