Durante o mes de novembro comezou a campaña para a extracción de volandeiras e zamburiñas.
Distingues unha da outra? Fíxate nas orellas, a volandeira ten dúas mentres que a zamburiña soamente unha. E se soamente vises a súa carne, serías capaz de saber cal é cal? Presta atención sobre todo á gónada, na volandeira de intensa cor laranxa.
Nesta pequena presentación podes ver estas e máis diferenzas.