A xira Galician Gourmet Extravaganza é unha iniciativa de promoción dos produtos agroalimentarios galegos no exterior dirixida a profesionais (supermercados, grandes almacéns, tour operadores, maioristas de alimentación, canal HORECA, operadores de catering, tendas delicatessen), e a primeira semana de outubro recalará en Londres. Máis de 100 empresas galegas exporán os seus produtos na feira degustación que se celebrará no Hotel Meliá White House, entre elas, usuarios da marca pescadeRías, de onde se non?
Para ver o vídeo de adianto, preme aquí.