Do 17 ao 20 de outubro, celebraranse as IV Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia cun amplo e variado programa, organizadas pola Confraría de Pescadores de Noia.
Entre outras actividades, haberá unha visita de seis cociñeiros á zona de marisqueo, á lonxa, á depuradora e á praza de abastos, masterclass, showcooking, mesas de debate e degustación popular.
Podes consultar o programa premendo aquí.