A Consellería do Mar estivo presente na feira Sial Paris 2022, celebrada entre o 15 e o 19 de outubro, no stand de máis de 280 metros cadrados de superficie da Xunta de Galicia. O posto albergou, así mesmo, a 14 entidades coexpositoras entre as que estiveron as empresas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?: Mares de Galicia e Conservas la Brújula. Sial París constitúe un gran escaparate europeo para os profesionais e empresas do sector da alimentación e das bebidas.