A campaña de captura da vieira iniciada no mes de xaneiro nas Rías de Pontevedra e Arousa, rematou o 1 de marzo para garantir a sostibilidade do recurso. Durante o tempo que permaneceu aberta, as capturas comercializáronse nas lonxas da Confraría de Cambados e da Confraría de Bueu.
Durante todo o ano podemos atopar no mercado vieira galega conxelada, previamente depurada e eviscerada, con todas as garantías de seguridade alimentaria, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
O choco está en tempada
A tempada do choco comeza normalmente co inverno e dura ata ben entrada a primavera, dependendo das zonas. Podemos atopalo baixo a certificación pescadeRías, ¿de onde se non? en numerosas lonxas galegas, sendo as que máis ventas rexistran Redondela, Cambados, Campelo, Cangas, Bueu, Vilanova de Arousa, Fisterra e Rianxo.
Aquí podes ver un vídeo realizado por Bioimaxe coa colaboración do Concello de Redondela sobre o xeito de vida deste cefalópodo.
Dixitalización das lonxas
A Xunta iniciou o proceso de dixitalización das lonxas galegas previsto no Programa Primare. As primeiras que terán á súa disposición a plataforma que integrará os sistemas de xestión, comercialización e emisión de notas de venda serán as de Arcade, Cangas, Ferrol, Fisterra, Illa de Arousa, Moaña, Portonovo, Redondela, Vigo e Vilaboa.
Máis información premendo aquí.
Curuxo vs rodaballo
Sabes diferenciar o curuxo do rodaballo? Ambos son peixes planos que habitan nas nosas costas e que podemos atopar nas lonxas galegas.
O rodaballo ten unha forma romboidal, sendo a do curuxo ovalada. Outra diferencia son os pequenos tubérculos óseos que podemos notar cando pasamos o dedo por riba do rodaballo e que non aparecen no curuxo. Premendo aquí podes encontrar máis información.
Certificacións e recertificacións
En febreiro a empresa HQ Seaweed, dedicada á distribución de algas e equinodermos, acadou a certificación pescadeRías, ¿de onde se non?. Así mesmo, as lonxas de A Guarda e Rianxo, a depuradora da Confraría de Noia e Mariscos del Ortegal superaron auditorías de recertificación ou seguemento. Ampliaron o seu alcance Mariscos Veiro, Frigoríficos Moldes (algas) e as lonxas de Malpica (equinodermos) e Vilanova de Arousa (algas).
Denominacións comerciais
Publicada a Resolución de 26 de enero de 2018, da Secretaría General de Pesca, pola que se publica o listado de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España, no que se inclúen novas especies e se simplifican ou modifican outras.
Podes consultala premendo aquí.
Actividades formativas
En febreiro, o persoal da Lonxa de A Guarda recibiu formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos.
A entidade renovou este mes a súa certificación polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de cefalópodos, crustáceos, equinodermos, especies eurihalinas e peixe.
A receita do mes
Seguimos en tempada de lamprea, peixe de singular textura e sabor, moi recomendable para quen lle gusten os sabores distintos. O chef José Manuel Mallón fainos esta fantástica proposta para degustala, na que se prepara fritida e acompañada de pan de Cea e tomate aromatizado. Para ver a receita preme aquí.
Do mar ao prato & pescadeRias
En colaboración co programa de promoción e difusión dos produtos do mar galegos nos centros de ensino de hostalaría de Galicia levado a cabo pola Consellería do Mar, levaranse a cabo, no mes de marzo, visitas pedagóxicas a vilas costeiras para dar a coñecer o significado da marca pescadeRias, ¿de onde se non?, os requisitos e o seu funcionamento, así como o etiquetado e a trazabilidade dos produtos certificados.
Do mar ao prato & pescadeRias
En colaboración con el programa de promoción y difusión de los productos del mar gallegos en los centros de enseñanza de hostelería de Galicia llevado a cabo por la Consellería do Mar, se llevarán a cabo, en el mes de marzo, visitas pedagógicas a villas costeras para dar a conocer el significado de la marca pescadeRias, ¿de onde se non?, los requisitos y su funcionamiento, así como el etiquetado y trazabilidad de los productos certificados.