La receta del mes

El sabor y textura del pez balleta (Balistes capriscus = B. carolinensis), sorprendió a las personas participantes en una cata capitaneada por Alejandro Iglesias, del Restaurante Cabanas, en la 23ª edición del Salón de la Alimentación del Atlántico SALIMAT-ABANCA.

El chef elaboró con esta especie, poco habitual en nuestras mesas y que os animamos a probar, unos fish&chips acompañados de crema de Arzúa-Ulloa y paté de Pimientos de Herbón. Pincha aquí para ver la receta.

A receita do mes

O sabor e textura do peixe porco (Balistes capriscus = B. carolinensis), sorprendeu as persoas participantes nunha cata capitaneada por Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas, na 23ª edición do Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA.

O chef elaborou con esta especie, pouco habitual nas nosas mesas e que vos animamos a probar, uns fish&chips acompañados de crema de Arzúa-Ulloa e paté de Pementos de Herbón. Preme aquí para ver a receita.

Julio19 castellano

Próxima campaña promocional no comercio minorista

Durante o mes de xuño comezaremos unha campaña promocional da marca pescadeRías, ¿de onde se non? en prazas de abastos e peixerías adheridas ao selo, que transcorrerá ao longo dos próximos meses en distintas localidades. Presume dos produtos do mar e cóntanos o que sabes dos peixes e mariscos que mercas.

Preparade os vosos móbiles ou cámaras de fotos e estade atentos á nosa páxina web e redes sociais de Facebook e Instagram. Nos vindeiros días publicaremos as bases da campaña. Haberá premios para todos/as, só con participar!!


23º Edición de SALIMAT-ABANCA

Un ano máis, estaremos coa Consellería do Mar no Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA que se celebra do 6 ao 9 de xuño en Silleda. Os produtos do mar de Galicia serán os protagonistas das catas realizadas no espazo degustación do stand da Xunta de Galicia, que correrán a cargo de Criselda Iglesias (Tapería Lecer), Ana Portals (Solleiros Espazo Gastronómico), José Manuel Mallón (Remollo, Espazo Gastronómico), Miguel González (Hotel Rústico San Jaime), Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas) e Gerson Iglesias (Adega das Calfas). Descarga aquí o programa e a invitación.

Próximas feiras e eventos

Os días 18 e 19 de xuño, Baiona acollerá un novo punto de encontro do sector do mar coa celebración do 20º Congreso AECOC de Produtos do Mar. Do 14 ao 16 de xuño terá lugar a III Feira Naútica de Camariñas, FENAUCAM, organizada polo Clube Naútico de Camariñas. Ademais,  a marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente na degustación de produtos do mar que se levará a cabo o 20 de xuño na Real Academia de Belas Artes de San Fernando en Madrid, no marco da presentación que realizará a Asociación Música en Compostela, coa colaboración da Consellería do Mar.

Galician Cinema & Food Festival

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente na V edición do Galician Cinema & Food Festival que se celebrará no Instituto Cervantes de Nova York e no Cosentino City Manhattan, do 24 ao 27 de xuño.

Ás actividades do programa, que xunta cinema e gastronomía de Galicia, asistirán profesionais da prensa especializada e da industria da distribución. O público asistente poderá degustar conservas certificadas de Conservas de Portomar, Ramón Peña, Los Peperetes e Porto-Muiños.

IV Festa do Longueirón Vello

A Confraría de Pescadores San Juan de Redondela organiza a 4ª Edición da Festa Gastronómica do Longueirón Vello os vindeiros 8 e 9 de xuño no peirao de Cesantes. Entre outras actividades, as persoas visitantes poderán degustar diferentes preparacións con longueirón vello, visualizar un documental sobre a súa extracción, así como asistir a unha demostración de cociña en directo con Santiago Figueroa do Gastrobar78 de Redondela, o sábado ás 18:00 horas.

Catas comentadas en Boiro

O Concello de Boiro celebrou o 16 de maio unha cata comentada con moluscos bivalvos da Cooperativa Ría de Arosa, certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?. As persoas asistentes puideron coñecer as especies de moluscos bivalvos, o proceso de extracción e comercialización, así como aprender a realizar diferentes propostas culinarias da man do cociñeiro José Manuel Mallón de Remollo Espazo Gastronómico. Preme aquí para ver un vídeo.

pescadeRías no curso ICEMAR

O 23 de maio Marta Villaverde, Subdirectora Xeral de Pesca e Mercados da Pesca e Ramón Fernández Conchas, Xefe de Servizo de Mercados da Consellería do Mar impartiron un obradoiro arredor do estado do sector pesqueiro, a marca pescadeRías, ¿de onde se non? e a trazabilidade dos produtos da pesca no Curso de Especialista de Innovación, Competitividade e Emprendemento en torno ao Mar, ICEMAR.

Saborea Galicia

Máis de 150 profesionais, representantes do sector da comunicación, distribución, restauración e comercialización de Uruguay asistiron á 2ª edición de Saborea Galicia, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coas Consellerías do Mar e do Medio Rural e de Artesanía de Galicia, para a promoción de produtos pesqueiros e agroalimentarios. O público asistente puido coñecer os produtos certificados de conservas Los Peperetes e Porto-Muiños nos showcooking dirixidos por Rafa Centeno, chef do restaurante Maruja Limón.

Comezou a veda do Polbo

O día 17 de maio ás 16:00 horas comezou a veda do polbo en Galicia que durará ata as 5:00 horas do vindeiro 1 de xullo. Durante este período poderemos seguir desfrutando do polbo galego conxelado ou en conserva.

En 2018, o polbo acadou prezos record o cal supuxo para as loxas galegas unha facturación de arredor dos 18 millóns de euros polas ventas deste cefalópodo. Preme aquí para ver unha noticia relacionada.

Ordenación da pesquería da sardiña

O venres 10 de maio, publicouse no BOE a Resolución de 24 de abril de 2019, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establecen disposicións de ordenación da pesquería da sardiña ibérica (Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa, na cal se establece como data de apertura o 1 de maio e de peche o 1 de novembro. Os buques que usen a arte do xeito seguirán estando autorizados si continúa habendo posibilidades de pesca dispoñibles para este segmento.

Aumento dos prezos en Ribeira

Dende a súa certificación en 2018, a Lonxa de Ribeira incrementou a cotización media dos produtos, así como o número de profesionais do comercio minorista, restauración, sector da distribución e sector transformador que acoden diariamente á lonxa para realizar as súas compras. Cabe destacar que os responsables de xestión da lonxa apostan polo etiquetado individual de peixes nos exemplares de maior calidade. Podes atopar máis información neste artigo de La Voz de Galicia.

Novas adhesións

Durante o mes de maio, contamos cun novo restaurante adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? en Ferrol, CasAlexo. Ofrece unha cociña fresca e de mercado, apegada aos produtos de tempada do mar e da terra.

Tamén se adheriron este mes tres novos minoristas: Peixes e Mariscos Rodrigo Villar Romero, ubicada na praza de abastos de Redondela, Peixes Sabela, no mercado de Bueu, e Pescados y Mariscos Galicia, na cidade de A Coruña.

Certificacións

Durante este mes a empresa adicada á evisceración de vieras e zamburiñas Vieiras de Ferrol, S.L., acadou a certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?, para a depuración, procesado e distribución de bivalvos.

Por outra banda, a Cooperativa Ría de Arosa, certificada para bivalvos, ampliou o seu alcance a crustáceos, gasterópodos e equinodermos, e as lonxas de Cangas e Pontedeume superaron unha auditoría de seguemento da marca.

Formación impartida

Durante o mes de maio, impartiuse formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos ao persoal da Lonxa de Fisterra.

Así mesmo, o equipo responsable do sistema de xestión da empresa Vieiras de Ferrol, S.L., certificada este mes polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, recibiu formación en sistemas APPCC. Un dos requisitos esixidos pola marca é que os establecementos conten cun sistema APPCC implantado, garantindo así o cumprimento de todos os requisitos hixiénico-sanitarios establecidos pola lexislación vixente.

A receita do mes

No restaurante A Maceta, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, ubicado no casco histórico de Santiago de Compostela, ofrecen unha cociña de mercado na que apostan polos produtos de tempada.  O seu chef, Jorge Gago, amósanos como preparar unha das receitas que forman parte da súa carta: Salmonete de rocha con zume de carne e algas.

O salmonete de rocha é un peixe semigraso, moi apreciado na cociña, que habita en fondos de area e pedra ata 25 m de profundidade,  onde se alimenta de pequenos crustáceos e moluscos, que localiza coas súas barbichas.