En outubro comezou a extracción de peneira na provincia de Pontevedra, conforme estaba establecido nos plans de xestión para este recurso. A partires de novembro, comezarán a aparecer capturas deste gasterópodo en distintas lonxas coruñesas. A peneira (Haliotis tuberculata) é considerada un manxar cada vez máis presente na nosa gastronomía. Preme aquí para ver unha ficha desta especie.
Por outra banda, o pasado 14 de outubro, comezou a campaña de libre marisqueo na Ría de Arousa, así como nas zonas de concesión do ámbito territorial da Confraría de Ribeira.