O día 4 de novembro comezou a campaña da volandeira na Ría de Arousa, cun tope de capturas por tripulante de 50 quilos e un máximo de 3 tripulantes por embarcación. Os puntos de control, descarga e venta serán as lonxas de Cambados e Ribeira, ámbalas dúas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
Este bivalvo captúrase normalmente de novembro a marzo con artes específicas como son o bou de vara e o rastro da vieira. Tamén podemos atopala no mercado eviscerada, tanto en fresco como conxelada.