O restaurante Liresca de Cee proponnos cociñar un dos peixes que está en tempada neste mes de xuño: o pinto (Labrus bergylta).
A súa caldeirada de pinto con parmentier de pataca de Coristanco e “fabas do marisco” (alubia verdina da Costa da Morte) xunta no mesmo prato os nosos sabores do mar e da terra, produto local, temporalidade e sustentabilidade.
Podes ver a receita completa aquí.