Actividades nas prazas de abastos

En novembro realizamos actividades de dinamización e promoción do consumo de produtos da pesca artesanal galega nas prazas de abastos de Marín e na praza provisional de Ourense. Máis de 45 persoas participaron nestas iniciativas, que incluíron visitas guiadas aos postos de peixes e mariscos, onde os profesionais explicaron o seu labor diario e ofreceron información sobre a orixe dos produtos á venda.

En cada localización, organizamos obradoiros relacionados cos produtos da pesca artesanal: en Marín, sobre tamaños mínimos, e en Ourense, outro enfocado na identificación de moluscos bivalvos. As actividades completáronse con sesións de cociña en directo e degustación. En Marín, Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués, liderou as elaboracións, mentres que en Ourense foi Begoña Vázquez, do restaurante Regueiro da Cova, quen preparou receitas co mellor do mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *