Éxito de participación nas Semanas do Mar de Ourense celebradas en abril, con todas as prazas cubertas e máis de 500 participantes. O público adulto tivo oportunidade de participar nos obradoiros impartidos polo equipo técnico de pescadeRías, xunto con chefs de recoñecido prestixio como Emma Pinal, Héctor López, Flavio Morganti e José Manuel Mallón. Tamén se programaron actividades para escolares como visitas á lonxa de Canido e ao Museo do Mar de Vigo, e obradoiros para promover o consumo de produtos do mar.
Aforo completo nas Semanas do Mar
