O 31 de marzo, finalizou o período autorizado para a captura do lumbrigante en Galicia, que será permitida de novo o 1 de xullo. Tamén nesta data, rematou a campaña da volandeira na Ría de Arousa.
Do 15 de abril ata o 15 de novembro, terá lugar a campaña da zamburiña na Ría de Ferrol. A zamburiña en Galicia captúrase case na súa totalidade nesta Ría, e é explotada polas confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre. O 19 de abril comeza a campaña da vieira en Redondela, que previsiblemente durará dúas semanas.