Nova empresa responsable da xestión da marca

O servizo de xestión da marca pescadeRías foi recentemente adxudicado á empresa Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega. Nas vindeiras semanas, o persoal técnico de Ardora irá contactando coas entidades usuarias da marca. Os novos datos de contacto son:

Ana Pérez. Tel. 655 58 63 02                   Rita Pesqueira. Tel. 678 79 60 10     Correo-e: pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.es

Formación e información

En abril realizamos actividades de formación e información a distintos colectivos. Nesta ocasión destacamos as charlas informativas sobre a marca e os productos certificados ao equipo comercial especializado en visitas a clientes de hostalería de Makro, en A Coruña e Madrid.

Quedamos á vosa disposición para organizar sesión informativas dirixidas a distintos grupos de interese noutras localidades. Podedes consultarnos en pescaderiasdeondesenon.cmrm@xunta.es

O logo da marca, o noso mellor aliado

¿Traballas nunha entidade usuaria da marca? ¿Compras produtos certificados na túa peixería de confianza? Se é así, mándanos a túa foto e subirémola ás nosas redes sociais. Cada mes sortearemos un pack de produtos promocionais entre todas as fotos recibidas nas que se distinga o logo pescadeRías. Podes mandala por correo-e: pescaderíasdeondesenon.cmrm@xunta.es ou por whatsapp ao 655 58 63 02.

Os usuarios da marca que necesiten material promocional (cartelería, folletos, etc.) poden solicitalo gratuitamente por correo electrónico.

Reportaxe en La Voz de Galicia

O suplemento Terra de La Voz de Galicia dedicou as súas páxinas a unha completa reportaxe sobre pescadeRías: información sobre as lonxas e empresas certificadas, produtos estrela da marca, evolución das vendas, o proceso de obtención do selo de calidade, a percepción das vantaxes do seu uso…

Quen non tivera ocasión de lela, ten aquí outra oportunidade.