Do 25 ao 28 de abril celébrase a 35 Edición do Salón de Gourmets en Madrid. A Consellería do Mar estará presente cun stand acompañado de 18 empresas coexpositoras e contará cun Espazo de catas onde terán presenza os produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?. Nesta edición asistirán 6 empresas certificadas: Porto – Muíños, S,L., Conservera Gallega, S.A., Conservas Portomar, S.L.U., Conservas La Brújula, S.L., Mares de Galicia, S.A. e HQ Seaweed S.L.
35 Salón Gourmets de Madrid
