En novembro deuse a coñecer a listaxe de restaurantes co distintivo Estrelas Michelín de cara ao 2020, sendo 11 os restaurantes galegos que manteñen este galardón, 7 deles adheridos ao selo pescadeRías, de onde se non?. A maiores, 28 restaurantes galegos están distinguidos na categoría Bib Gourmand, coa que se recoñecen establecementos que ofrecen unha cociña de altísima calidade, a un precio axustado, sete deles adheridos tamén ao selo. Aquí podes ver as listaxes completas: Estrelas Michelín e Bib Gourmand.
Novas adhesións
Este mes tivemos 3 novas incorporacións ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? na provincia de A Coruña.
Os restaurantes A Casa da Viña e Don Quijote, en Santiago de Compostela, e o Restaurante Marcial, en Narón, adheríronse ao selo de calidade. Todos eles ofrecen nas súas cartas peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal, que contan coa garantía que ofrece a marca.
Benvidos!
Programa FEMP 2014-2020
Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de axudas para a convocatoria de 2020, do programa FEMP 2014-2020. Poden ser presentados proxectos para inversións produtivas ou non produtivas que cumpran os seguintes requisitos: Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vai desenvolver, estar localizados no ámbito territorial elixible de cada GALP, ser viables técnica e economicamente e axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto. O prazo remata o 1 de marzo, preme aquí para acceder ao procedemento.
Formación impartida
En Novembro tiveron lugar dúas charlas dirixidas ao sector da restauración, en Santiago de Compostela e Ferrol, baixo o título pescadeRías, ¿de onde se non? & pescaenverde, a Alianza para o Consumo Responsable. Dispor de información sobre ambos selos é de interese para o sector e unha oportunidade, pola súa condición de presciptores de produtos procedentes da pesca artesanal e sustentable.
Por outra banda, o persoal da peixería do hipermercado Alcampo de Santiago de Compostela, recentemente adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, recibiu formación sobre a marca.
A receita do mes
A volandeira (Aequipecten opercularis) é un produto moi adecuado para incluír no noso menú de Nadal, que ademáis se atopa en plena tempada, xa que o pasado mes comezou a súa campaña na Ría de Arousa.
Dende o restaurante ubicado no Barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela A Casa da Viña, adherido este mes ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, fannos esta interesante proposta para preparalas: Volandeira con salsa vinagreta de chalotas, trufa negra e AOVE.
Preme aquí para ver a receita.