As novas etiquetas individuais de pescadeRías, ¿de onde se non? levarán tamén o logotipo da ecoetiqueta pescaenverde, creada pola Universidade de Santiago de Compostela e que aporta información sobre a Pegada de Carbono e a Taxa de Retorno Enerxético adaptada a cada tipo de frota e modalidade de pesca. Desde o mes de xullo de 2018, a marca pescaenverde acompaña aos produtos certificados na etiqueta de lonxa.
pescadeRías & pescaenverde
