Convocatoria de exames libres

Publicada a Resolución do 21 de decembro de 2018 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.  

Matrícula aberta ata o 22 de febreiro.

A receita do mes

Héctor López, chef do Restaurante España en Lugo, ensínanos a preparar un fantástico sashimi de robaliza. Podes consultar os pasos para a súa elaboración premendo aquí.

A receita foi presentada durante as II Xornadas de Promoción e Difusión dos Produtos do Mar de Galicia, Do Mar ao Prato. Fotografía de MARGEN FOTOGRAFIA.