Convocatoria de PERMEX en Vigo

Publicada a RESOLUCIÓN do 27 de Xaneiro de 2020 da xefa territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade marisqueo a pé da Confraría de Vigo.

O obxecto do proceso selectivo será a cobertura dunha praza de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito territorial do plan de explotación de marisqueo a pé.

Recertificacións e ampliacións

En xaneiro, a lonxa de A Illa de Arousa, certificada para bivalvos, algas e antozoos, superou unha auditoría de recertificación, ampliando ademáis o seu alcance a crustáceos.

Tamén renovaron a súa certificación a depuradora Mariscos Daporta, S.L., certificada para bivalvos e equinodermos e a conserveira Jelopa, S.L. (Conservas Los Peperetes), certificada para bivalvos e equinodermos.

Convocatorias de Axudas

Convocatoria de Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariñosAxudas a proxectos innovadores no sector extractivo. Dirixidas a propietarios de buques pesqueiros e organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores. Prazo: 28 de febreiro.

Convocatoria de Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade. Aberto prazo ata o 15 de decembro.

Convocatoria de exames

Aberto o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente, que remata o vindeiro 28 de febreiro.
As probas realizaranse o vindeiro mes de abril no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

Para máis información preme aquí.

 

A receita do mes

No Restaurante Don Quijote, en Santiago de Compostela, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, levan máis de 40 anos ofrecendo á súa clientela unha cociña tradicional, con sabores de sempre e as mellores materias primas, que mercan a diario na praza de abastos.

A robaliza é un dos mellores peixes que nos ofrece a nosa pesca artesanal, e nesta receita, que forma parte da súa carta, amósannos como preparala ao forno. Premendo aquí podes acceder a ela.