Durante o mes de maio, contamos cun novo restaurante adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? en Ferrol, CasAlexo. Ofrece unha cociña fresca e de mercado, apegada aos produtos de tempada do mar e da terra.
Tamén se adheriron este mes tres novos minoristas: Peixes e Mariscos Rodrigo Villar Romero, ubicada na praza de abastos de Redondela, Peixes Sabela, no mercado de Bueu, e Pescados y Mariscos Galicia, na cidade de A Coruña.