Por quinto ano consecutivo, o Clúster Alimentario de Galicia convoca os Premios Galicia Alimentación co obxectivo de recoñecer as mellores prácticas en emprendemento, cooperación, innovación e internacionalización do sector ao longo do ano 2019 na nosa comunidade. As categorías recollidas na presente edición son: produto innovador, proxecto empresarial e estratexia de mercado e internacionalización. Accede a toda información para participar premendo aquí. O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 15 de maio.
Adhesións e seguementos
Durante o mes de abril adheríronse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? catro novos restaurantes: A Gabeira (en Valón, Ferrol) e A Maceta, A Ostrería e Amoado en Santiago de Compostela. Benvidos!!
Por outra banda, Conservera Gallega, S.A., coñecida polas súas marcas comerciais Conservas Paco Lafuente e Conservas Rosa Lafuente, superou unha auditoría de seguemento. Esta empresa conserveira está certificada para a transformación de bivalvos, cefalópodos e peixes.
Modificación de zonas de produción
O pasado 23 de abril, publicouse a ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se modifica a Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e se clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, que modifica a delimitación e clasificación de zonas de produción de moluscos bivalvos en Ferrol e Corcubión.
Actividades formativas
En abril, impartiuse formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos ao persoal da Lonxa de Campelo. Persoal da peixería do hipermercado Alcampo de Ferrol, adherida ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, recibiu formación sobre a marca.
Por outra banda, na Lonxa de Bueu, tivo lugar unha charla sobre etiquetado individual da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, de cara ao inicio da colocación deste tipo de etiquetas nos peixes comercializados neste pósito.
A receita do mes
A xarda é un peixe azul moi rico en omega 3 que está no seu mellor momento de consumo.
Kike Piñeiro, chef do restaurante de Santiago de Compostela A Horta do Obradoiro, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, amósanos como prepararla ao pil pil atlántico. A receita foi presentada nunha cata no Espazo degustación da Consellería do Mar durante a última edición do Salón de Gourmets. Preme aquí para acceder a ela.