En febreiro, impartimos formación sobre sistemas APPCC ao equipo responsable do sistema de xestión da Depuradora de Mariscos de Suevos S.A. (Arteixo), certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos.
Un dos requisitos esixidos pola marca é que os establecementos conten cun sistema APPCC implantado, garantindo así o cumplimento de todos os requisitos hixiénico-sanitarios establecidos pola lexislación vixente.