O Concello de Boiro levará a cabo un showcooking degustación no marco do evento catas comentadas, que organiza este Concello, para dar a coñecer e poñer en valor os produtos do mar de calidade diferenciada en maridaxe con outros produtos da terra abalados igualmente por selos ou marcas de calidade. A actividade está dirixida ao sector da hostalaría local e ao público en xeral.
A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente no evento, con produtos certificados da contorna, principalmente moluscos bivalvos.