Aínda que máis curtas que en anos anteriores debido á pandemia, a Confraría de Pescadores de Noia celebrou o 15 de outubro, as V Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia, coa presenza de catro grandes cociñeiras.
Durante a mañá, Lucía Freitas (Restaurante A Tafona e Lume), Yolanda León (Restaurante Cocinandos), Iria Espinosa (Restaurante Árbore da Veira) e María Varela (A Parada das Bestas), coñeceron de primeira man o marisqueo na Ría de Muros-Noia e a calidade do seu produto, a selección na lonxa e o proceso de depuración dos moluscos bivalvos. Pola tarde, ofreceron un showcooking na sala de exposicións do Coliseo de Noia co Berberecho como protagonista. Preme aquí para ver o vídeo resumo.