Como consecuencia do aumento da temperatura dos mares, estase a producir un desprazamento das especies cara ao norte no noso hemisferio, denominado tropicalización, que consiste no aumento da presencia de especies de augas máis cálidas en zonas temperadas como Galicia.
Podes descubrir máis sobre este fenómeno, e as súas consecuencias nas costas galegas, neste artigo de Rafael Bañón, doutor en Ciencias Biolóxicas e experto ictiólogo.