Ecoetiquetas

Dende finais da década dos 70, proliferaron en todo o mundo un gran número de ecoetiquetas orixinadas pola demanda do mercado para identificar e diferenciar aqueles produtos que cumpren unha serie de requisitos ambientais. No directorio Ecolabel Index recompílanse máis de 455 ecoetiquetas presentes en 199 países e que abarcan 25 sectores industriais que tratan de trasladar e inducir no consumidor a bondade dos produtos ou procesos co selo de “sostible”.

Ante a avalancha é importante ter uns criterios mínimos que poidan clasificalas e saber a súa representatividade e impacto real. Neste artigo publicado orixinalmente en The Conversation, o catedrático da USC Gumersindo Feijoó ofrécenos unha pequena guía para a súa interpretación. Preme aquí para ver o artigo.

A receita do mes

O ourizo é unha especie procedente da nosa pesca artesanal incorporado os últimos anos á nosa gastronomía, na que xa é habitual o seu consumo. O pasado mes de outubro comezou a súa campaña polo que podemos atopalo en fresco, tanto enteiro como a gónada, procedente das nosas costas.

A receita que vos presentamos este mes, Ourizo de mar, xema trufada, Fabas de Lourenzá e algas, foi elaborada polo chef Manuel Mallón de Espazo Remollo (Ames – A Coruña) e presentada na sala de catas da Consellería do Mar na 34 edidión do Salón Gourmets de Madrid, durante a mostra de cociña en directo «Suculento tesouro atlántico».

Se queres aprender a preparala, premendo aquí podes acceder a ela.