O 6 e 7 de outubro temos unha cita na lonxa de Portonovo coa celebración da I Festa da Empanada Mariñeira de produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, organizada polo Club de Piragüismo e a Confraría de Pescadores de Portonovo. Showcooking para persoas adultas e nenos e nenas, maridaxes e concursos de empanadas populares e interconfrarías son parte das actividades desta cita gastronómica. Cartel da festa e programa de actividades.
I Festa da Empanada Mariñeira
