Comezamos o ano coa Tripulación pescadeRías de onde se non?

Este mes daremos a benvida a unha nova sección nas redes sociais da marca: Tripulación pescadeRías de onde se non?

Neste espazo coñeceredes a un equipo de homes e mulleres que traballan cada día cos produtos da pesca artesanal galega, compartindo a súa paixón polo mar e a súa experiencia profesional.

Entre os protagonistas estarán armadores/as, mariñeiros/as, mariscadores/as, mergulladores/as, cociñeiros/as e divulgadores/as científicos/as do medio mariño. Cada mes, un membro da tripulación contaranos as súas vivencias: como se iniciou no seu oficio, consellos para conservar peixe e marisco, receitas tradicionais, curiosidades e moito máis.

Estrearemos a sección con María Maceiras, mariscadora de Muros e coñecida nas redes sociais como Mariscadora 2.0. Descubrirás a súa visión única sobre o marisqueo e o seu día a día na profesión.

Segue todas as novidades na nosa páxina de Facebook e no noso perfil de Instagram. Esperámoste!