Do 1 ao 3 de outubro estivemos na XXI Edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados, CONXEMAR que se celebrou no Instituto Ferial de Vigo. O stand da Consellería do Mar acolleu a presentación da Lonxa de Ribeira, contando con numerosa representación do sector pesqueiro artesanal galego, e do proxecto SEATRACES, do Instituto de Investigacións Mariñas. Tiveron presenza, con stand propio, as empresas certificadas Mariscos Daporta S.L., Conservas Portomar, Frigoríficos de Camariñas, S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., Frinsa del Noroeste, S.A. e Yatecomeré, S.L.