A faneca (Trisopterus luscus) é un peixe branco co corpo alto e máis forte polo dorso que polo ventre. Presenta unha mancha escura no comezo da aleta peitoral e unha liña lateral moi curvada. A súa cor é cobreada no lombo, con catro ou cinco bandas verticais escuras, e bronce no ventre.
Aliméntase de pequenos peixes, cefalópodos e crustáceos. A súa lonxitude máxima é de 40 cm pero o tamaño habitual sitúase entre os 20 e 25 cm. A faneca aporta proteínas e minerais como o fósforo e selenio.
Podes atopar máis información sobre esta especie nesta ligazón.