Do 3 ao 5 de outubro celebrarase a 24ª edición da Feira Internacional de Produtos do mar Conxelados CONXEMAR no Instituto Feiral de Vigo.
A Feira CONXEMAR, consolidada como referente do sector do conxelado a nivel mundial e cunha superficie expositiva actual de 37.000 m2, é un gran punto de encontro para o sector transformador, maioristas, importadores, exportadores, fabricantes, distribuidores, frigoríficos, maquinaria e industria auxiliar. A feira renóvase baixo o concepto Blue Transformation, poñendo o foco na innovación e sustentabilidade.
A Consellería do Mar estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia e cun espazo para 14 empresas coexpositoras, entre as que se atopan as seguintes entidades certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?: O Percebeiro S.L., Costas y Miñán S.L. e a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín. Ademais, participan con stand propio as empresas certificadas Frigoríficos de Camariñas S.L., Mariscos Daporta S.L., Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., Conservas Portomar, Porto-Muiños e Frigorífica Botana S.L.