Formación para profesionais do comercio minorista de peixes e mariscos

A Consellería do Mar organiza un curso en innovación e novas tendencias en peixerías tradicionais dirixido a profesionais do comercio minorista.

O curso consta de dúas partes, na primeira parte explicarase que é a elaboración e degustación no punto de venda aplicada á peixería, os perigos biolóxicos, químicos e físicos, os alérgenos e as prácticas correctas de hixiene da man dunha experta en Seguridade Alimentaria de FEDEPESCA.

Na segunda parte, contarase coa colaboración dun experto especialista peixeiro, que fará unha demostración practica de como realizar elaboracións no punto de venda, así como unha demostración de corte e fileteado do produto.

Con este curso aprenderás como innovar na túa peixaría cumprindo coa nova lexislación sanitaria que nos permite elaborar en punto de venda e ofrecer catas e degustacións.

Levaránse a cabo seis edicións, tres en horario de mañá e tres en horario de tarde, nas seguintes datas e lugares:

11 de novembro. No CIFP Compostela , Santiago de Compostela.

18 de novembro. No CIFP Carlos Oroza, Pontevedra.

25 de novembro. No IES de Foz, Foz, Lugo.

Curso gratuito de aforo limitado. Imprescindible confirmación de praza para asistir.

Podes ver os horarios e inscribirte aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *