Accións formativas

En xuño impartiuse formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Produtos Pesqueiros ás empresas Da Lusada, S.L., Mariscos Gusbuzo S.L. e Cíes Artesanais S. Coop. Galega.

Que o persoal con responsabilidades na manipulación dos produtos que comercializan teña a formación actualizada nestas materias é un requisito necesario para a certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Premios Galicia Alimentación

Na última edición dos Premios Galicia Alimentación do Clúster Alimentario de Galicia, as Navallas das Rías Galegas ao natural da empresa certificada Real Conservera Española, S.L., foron galardoadas na categoría de Produto Excelente. O xurado destacou a calidade da materia prima e a súa elaboración artesanal: Recoñécese con todo isto un produto final excelente, con historia, carisma, artesanal e natural que ten a orixe na mellor materia prima e que é un embaixador da excelencia dos produtos galegos.

Convocatoria de premios

Publicadas as bases da convocatoria da XIII edición dos Premios de Excelencia á Innovación para Mulleres Rurais do MAPA, correspondentes ao ano 2022, nas seguintes categorías: Excelencia á innovación na actividade agraria, Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola, Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural e Excelencia á comunicación. En prazo ata o vindeiro 8 de xullo. Preme aquí para ver as bases.

Convocatoria de PERMEX

RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña, pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación, modalidade de marisqueo xeral a pé, para o exercicio da actividade extractiva no ambito da confraría de pescadores de O Pindo.

RESOLUCIÓN da Xefatura Territorial da Consellería do Mar na Coruña, pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación, modalidade percebe a pé para o exercicio da actividade extractiva na confraría de pescadores de O Pindo.

A sardiña: beneficiosa para a saúde e o medio ambiente

A sardiña é un peixe con altos valores nutricionais e o seu consumo axuda a combater a hipertensión, a obesidade e a diabetes, entre outras enfermidades. Dende o punto de vista ambiental, captúrase con artes moi selectivas como son o cerco e o xeito. Se consideramos a pegada de carbono de ambas, son unha das opcións alimentarias con menor impacto por contido proteico achegado (entre o 0,5 e o 0,7 kg de CO₂/kg de sardiña). Se queres saber máis, preme aquí para ver un artigo.

A receita do mes

O xurelo é un peixe azul que nos aporta proteínas de alto valor biolóxico e ten un alto contido en ácidos graxos omega 3. Nestes meses de verán está no seu mellor momento de consumo.

Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas en Lalín, presentou na última edición do Salón de Alimentación do Atlántico – SALIMAT A BANCA, unha receita de xurelo acompañado de Grelos de Galicia, rica e saudable. Preme aquí para acceder a ela.

Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA

Del 2 a 5 de junio se celebró en Silleda una nueva edición del Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA, uno de los principales foros y puntos de encuentro del sector agroalimentario a nivel nacional y referente en el noroeste peninsular.

La Consellería do Mar estuvo presente, como todos los años, con un stand institucional y una sala de catas donde se degustaron productos certificados por el sello pescadeRías, ¿de onde se non?. Las preparaciones, en las que se utilizaron caballa, jurel, sargo, sardina, choco, zamburiña, navaja, longueirón, almeja roja y almejón, fueron llevadas a cabo por los/as cocineros/as Alejandro Iglesias (Restaurante Cabanas, Lalín), Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia), Moisés Rodríguez (El taller de bienestar, Ourense) y Maica Couto y Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5, Santiago de Compostela). Asimismo, las empresas certificadas por el sello pescadeRías, HQ Seaweed, S.L. (Capitán alga) y Fish Factory, S.L. (La Curiosa), contaron con stand en el evento. Pincha aquí para ver un vídeo.