A sardiña: beneficiosa para a saúde e o medio ambiente

A sardiña é un peixe con altos valores nutricionais e o seu consumo axuda a combater a hipertensión, a obesidade e a diabetes, entre outras enfermidades. Dende o punto de vista ambiental, captúrase con artes moi selectivas como son o cerco e o xeito. Se consideramos a pegada de carbono de ambas, son unha das opcións alimentarias con menor impacto por contido proteico achegado (entre o 0,5 e o 0,7 kg de CO₂/kg de sardiña). Se queres saber máis, preme aquí para ver un artigo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.