O nome deste molusco bivalvo provén da súa tonalidade encarnada, que lle dá un aspecto diferente ao das outras ameixas. A maior parte das capturas realízanse dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos. Tamén está permitida a súa extracción con endeño remolcado cunhas medidas reguladas. Se queres saber máis sobre esta especie e os seus valores nutricionais, preme aquí para ver unha ficha.
Aperturas e peches
O 2 de maio comezou a campaña da zamburiña na Ría de Ferrol. A explotación desta especie realízase baixo un plan de xestión conxunto presentado polas Confrarías de Ferrol, Mugardos e Barallobre, no cal están autorizadas 13 embarcacións que extraen esta especie con rastros de vieira/volandeira. O tope de capturas por tripulante e día é de 25 quilos. Por outra banda, en abril rematou a tempada para a captura de ourizo nas nosas costas.
Comeza a veda do polbo
O vindeiro 20 de maio comezará a veda do polbo en Galicia que durará ata o día 4 de xullo.
Máis do 90% do polbo comercializado nas lonxas galegas leva na súa etiqueta de primeira venda o selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Tamén podémolo atopar baixo este distintivo conxelado, cocido e pasteurizado ou en conserva. Premendo aquí podes consultar o listado de entidades certificadas para esta especie.
Premios Galicia Alimentación
O Clúster Alimentario de Galicia convoca os Premios Galicia Alimentación co obxectivo de recoñecer e visibilizar as mellores prácticas en emprendemento, dixitalización, innovación, marketing, sustentabilidade e internacionalización do sector alimentario: produto innovador, produto excelente, proxecto empresarial ou institucional e estratexia de mercado.
Para máis información e inscricións preme aquí. En prazo ata o 31 de maio.
Convocatoria de PERMEX
Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de percebe dende embarcación nas confrarías de Malpica e A Guarda. Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de algas, mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de Corme. Convocatoria de proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da confraría de Pontevedra. Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de solénidos, mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de Muros.
O desove do bocarte evidencia o fenómeno das bioturbulencias
Un estudo realizado no marco do proxecto Remedios, publicado na revista Nature Geoscience, demostra que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, polo que o papel que xogan na distribución de calor, nutrientes e osíxeno é máis importante do que se pensaba. O estudo constitúe a primeira evidencia científica obtida a partir de medicións in situ deste fenómeno. Preme aquí para ver unha pílula divulgativa do estudo e aquí para acceder a un artigo sobre o mesmo.
A receita do mes
A xarda (Scomber scombrus) é un peixe azul que contén numerosos minerais esenciais, rico en vitaminas, principalmente B12 e D, e cun alto contido en ácidos graxos omega 3. Este mes está en plena tempada polo que vos suxerimos esta receita, cortesía de Javier Lema Marcote, do Restaurante A Furna en Muxía, que nos amosa como preparala asada lixeiramente e cun delicioso acompañamento.
Preme aquí para acceder a ela.
35 Salón Gourmets de Madrid
Del 25 a 28 de abril se celebra la 35 Edición del Salón de Gourmets en Madrid. La Consellería do Mar estará presente con un stand acompañado de 18 empresas coexpositoras y contará con un Espacio de catas donde tendrán presencia los productos certificados por la marca pescadeRías, ¿de onde se non?. En esta edición asistirán 6 empresas certificadas: Porto – Muíños, S, L., Conservera Gallega, S.A., Conservas Portomar, S.L.U., Conservas La Brújula, S.L., Mares de Galicia, S.A. y HQ Seaweed S.L.
Seafood Expo North América
En Boston, entre el 13 y el 15 de marzo, la Consellería do Mar participó en la Seafood Expo North América, el evento comercial de productos del mar más grande de Norteamérica, con el objetivo de promocionar los productos del mar de Galicia, ensalzar su calidad y buscar nuevas oportunidades de negocio. La entidad certificada Frigorífica Botana, S.L., estuvo presente en el evento como empresa coexpositora en el stand de la Consellería do Mar.
Real Conservera Española en Dubai
Entre el 13 y el 17 de febrero, la empresa certificada por el sello pescadeRías, ¿de onde se non? Real Conservera Española, S.L. estuvo en Dubai en la Gulfood 2022, mostrando sus productos al público de Oriente Medio.
Sus productos tuvieron una buena aceptación entre los/as asistentes a la feria, que quedaron sorprendidos por el concepto gourmet de sus conservas, que ya cuentan con presencia en este país asiático.