A partir do 16 de outubro volven as accións promocionais da marca pescadeRías de onde se non? ás prazas de abastos, no marco da campaña Galicia sabe Amar.
Os obxectivos das actividades son os seguintes:
- Dar a coñecer os produtos da pesca artesanal entre as persoas consumidoras.
- Fomentar o consumo dos produtos da pesca artesanal.
- Poñer en valor os beneficios dos produtos do mar na saúde.
- Dar a coñecer especies menos coñecidas, co fin de diversificar o consumo de produtos do mar.
- Amosar o proceso de comercialización dos produtos do mar.
- Visibilizar a importancia da trazabilidade nos produtos do mar.
- Coñecer diferentes preparacións dos produtos do mar de tempada.
- Poñer en valor os oficios do mar.
As actividades inclúen:
- Visita guiada á praza de abastos.
- Información sobre etiquetado, trazabilidade e seguridade alimentaria.
- Obradoiro práctico de identificación de especies ou tallas mínimas.
- Demostración de cociña con información sobre aspectos nutricionais, corte e fileteado, puntos de cocción e consellos de elaboración.
- Cata de produtos.
Contarase coa experiencia e visión dos profesionais do comercio minorista que informarán sobre as especies que comercializan e a limpeza, manipulación e presentación dos produtos.
Comezamos o 16 de outubro na Praza de Abastos de A Estrada. Consulta aquí o programa de actividades e inscríbete!
pescadeRiasdeondesenon.cmrm@xunta.gal
Tel. 986 02 08 99
Segue as nosas redes sociais para coñecer as vindeiras datas e lugares das actividades.