Próximas actividades de promoción da marca

A marca pescadeRías de onde se non? acudirá á 27ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico Salimat Abanca do 30 de maio ao 2 de xuño. A Consellería do Mar participará cun stand institucional, que incluirá unha sala de catas onde terán lugar as actividades de promoción dos produtos do mar. Está prevista a participación de empresas coexpositoras, que presentarán os seus produtos frescos e elaborados certificados pola marca.

Ademais, a Consellería do Mar asistirá á feira anual PLMA’s World of Private Label que se celebra en Ámsterdam os días 28 e 29 de maio, organizada pola Private Label Manufacturers Association. A presenza da Consellería do Mar neste evento enmárcase nunha colaboración coa Federación Española de Industrias de Alimentación y Bebidas. Está prevista a participación de empresas coexpositoras galegas, xunto con 2.900 exhibidores de 70 países.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *